Todo é mellor cando é Nadal
Canción sobre o tempo de Nadal en familia
Todo é mellor cando é Nadal. -
Non sei moi ben o que pasa
cando chegan estas datas
que todo cambia na casa no Nadal.
Todos me dan lambetadas
e podo estar ata as tantas
mirando a tele ou falando cos demais.
Eu non sei por que pasa iso,
pero sei que é moi divertido
todo o que nos pasa no Nadal.
Todos os meus amigos pensan
que os seus pais foron abducidos
porque todo é mellor cando é Nadal.
Vén de visita a familia
todos os primos e as primas
e paso máis tempo con papá e mamá.
Ao rematar as comidas,
sexa de noite ou de día,
cantamos mil panxoliñas sen parar.
Eu non sei por que pasa iso,
pero sei que é moi divertido
todo o que nos pasa no Nadal.
Todos os meus amigos pensan
que os seus pais foron abducidos
porque todo é mellor cando é Nadal.
Que non se acabe nunca, por favor,
quero Nadal, non hai nada mellor.
Eu non sei por que pasa iso,
pero sei que é moi divertido
todo o que nos pasa no Nadal.
Todos os meus amigos pensan
que os seus pais foron abducidos
porque todo é mellor cando é Nadal.
Comentarios
Publicar un comentario